lunes, 4 de julio de 2011

Ata setembro...
Boas vacacións!

viernes, 1 de julio de 2011

Contacontos Letras Galegas



Recibimos no centro a visita de Anxo Moure que nos achegou os seus contos para salvar o planeta.

Pegadas








Esta nova proposta do EDLG consistiu en escribir nunha pegada de cartulina facilitada pola coordinadora do equipo, o título e un breve resumo do contido do libro galego que deixou unha pegada nas nosas vidas.







Aquí deixamos dúas delas.




Letras Galegas 2011











Actividades plástica sobre a vida e obra de Lois Pereiro.



Pasaporte Lector



O EDLG en colaboración co equipo de biblioteca desnvolveu unha actiivdade de fomento da lectura en galego en todo o centro. Cada alumno-a participante cubriu o seu pasaporte lector despois de ler o libro e de responder satisfactoriamente ás cuestións que se lle propoñían nunha ficha de comprensión lectora. Cando os alumnos-as remataban o seu pasaporte recibían un diploma acreditativo e un agasallo para premiar a súa participación.

Ditos e refráns


Esta actividade do EDLG pretende implicar as familias e recopilar ditos e refráns. O obxectivo da mesma é conseguir que a comunidade educativa valore a lingua galega como patrimonio cultural así como recoller ditos e refráns do entorno que se foron trsmitindo de xeito oral de xeneración en xeneración.

PALABRAS GALEGAS CON ENCANTO







Celebrouse tamén un concurso para escoller as palabras que máis nos gustan pola súa sonoridade, significado, etc. Participaron os nenos coas súas familias e ademais da palabra e o seu sinificado na tarxeta representárona con debuxos, fotos, collages e outras técnicas.