domingo, 16 de diciembre de 2007


Os nenos e nenas de Infantil achegámonos a unha antigua tradición celta: O SAMAÍN. Fixemos un obradoiro de cabazas que podedes ver aquí. Escoitamos lendas e contos que daban algo de medo.




Hai uns días visitounos Anxo coa súa bibliobicicleta. Contounos moitos contos e trouxo como sempre o seu carballo con botas. Ao remate todos subimos na bici e demos unhas voltas polo patio.

martes, 22 de mayo de 2007

LETRAS GALEGAS
Dentro dos actos de celebración do Día das Letras Galegas visitou o centro o ilustrador Anxo Fariña. Creou coa colaboración dos alumnos-as un conto,"A nube verde", que tivo por protagonistas a Paulo de 5º curso e a Marta de 6º curso. Aí tedes as fotos.

A ler cos BOLECHAS






☺ En Educación Infantil os nenos e nenas participamos na campaña de Normalización Lingüística “Eu son” queten aos “BOLECHAS”, unha familia moi divertida que fai moitas trasnadas, como eixe motivador. Estes personaxes anímannos a coñecer moitas cousas: ríos, montes, festas e curiosidades. Ah!, tamén mercamos a colección para a biblioteca do cole que, por certo, está quedando chulísima.
☺ Tamén nos agasallaron cunha camiseta e para estreala saímos ao xardín do noso cole para pasar un tempo de ocio intercambiando contos enriba da herba. E fixemos a promesa de ler cada día un conto na casa e na escola, porque lendo, sabemos os nomes das cousas, divertimonos moito e voa a nosa imaxinación a través de contos e de historias moi emocionantes.



















ACTIVIDADES DO DÍA DO LIBRO

Os alumnos e alumnas de cuarto de Primaria escribimos historias por grupos. Un equipo creou e ilustrou o conto "A aventura dos nenos e nenas de cuarto" que narra a viaxe do grupo a países exóticos. O outro grupo representou o conto " O can ligoncete" con monicreques de man. Aí tedes as fotos.