Celebramos moi animados o Entroido. Os máis cativos vestironse de vellos e vellas. Os do 1º Ciclo foron pintores e pintoras. Os do 2º Ciclo achegáronnos ao salvaxe oeste. Os de 6º foron animadoras e futbolistas nun partido contra a violencia.Os de 1º de ESO foron vampiros e os de 2º celebraron unha voda por todo o alto.
DÍA DE TEATRO
Os alumnos-as de ESO asistiron a unha representación teatral. O Centro Dramático Galego puxo en escea a obra "Noite de Reis, ou o que queirades". Foi unha función divertidísima!!!