
O día 28 de setembro no marco do Programa de Dinamización lingüística da Consellería de Educación asistimos a unha representación de títeres a cargo do grupo Matapiollos.
Monicrequeando é unha campaña dirixida a alumnado de Infantil e Primaria que xira arredor da lingua e dos monicreques.
Os actores representaron unha obra de teatro e contaron a historia do Rato Pincho. Ao rematar entregaron un teatriño de títeres para cada aula de Primaria.