Ata setembro...
Boas vacacións!
lunes, 4 de julio de 2011
viernes, 1 de julio de 2011
Pasaporte Lector


O EDLG en colaboración co equipo de biblioteca desnvolveu unha actiivdade de fomento da lectura en galego en todo o centro. Cada alumno-a participante cubriu o seu pasaporte lector despois de ler o libro e de responder satisfactoriamente ás cuestións que se lle propoñían nunha ficha de comprensión lectora. Cando os alumnos-as remataban o seu pasaporte recibían un diploma acreditativo e un agasallo para premiar a súa participación.
Ditos e refráns


Esta actividade do EDLG pretende implicar as familias e recopilar ditos e refráns. O obxectivo da mesma é conseguir que a comunidade educativa valore a lingua galega como patrimonio cultural así como recoller ditos e refráns do entorno que se foron trsmitindo de xeito oral de xeneración en xeneración.
NADAL 2010
Todos os cursos participaron no Festival de Nadal con panxoliñas, bailes, poemas e representacións teatrais.
Como sempre foron os máis pequenos os que acapararon todas as miradas.
Como sempre foron os máis pequenos os que acapararon todas as miradas.
SAMAÍN EN AGOLADA
Como cada ano, volvemos celebrar o Samaín no colexio. Este curso coa finalidade de implicar ás familias convocamos un concurso de decoración de cabazas. A verdade é que a resposta das familias foi moi positiva e participaron presentando verdadeiras obras de arte.
Velquí unha mostra dalgunhas das cabazas.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)